WORKSHOP JULIA LAPORT HIP HOP &FREESTYLE. Sábado 19 de Novembro 18.00-20.00h. Live The Music School (1ª planta Marineda City)

CONTIDOS:

O curso dividirase en dúas partes.

A primeira parte consistirá en aprender unha coreografía, pulir o movemento e traballar a súa interpretación.

Na segunda parte  centrarémonos en técnicas de improvisación traballando na confianza no noso movemento, exploración de vías de movemento, musicalidade e interpretación na improvisación. 

 

JULIA LAPORT:

Julia é una bailarina de Hip hop que baila dende os 7 anos. Entrenou en ballet, jazz e interpretación. Nos últimos 5 anos viviu en Londres onde puido centrarse nos estilos que máis lle apaixonan: Hip hop, Locking, Popping, Vogue, Hip hop contemporáneo e Freestyle. Julia forma parte dunha compañía de Hip hop chamada Myself UK Dance, dirixida por Kloe Dean e completou un curso en artes escénicas e improvisación en Hip hop con Clara Bajado. Ademáis, formouse cos mellores de Europa en Studio68, Studio B e Maryland Studios. Durante a súa estancia en Londres tomou parte en videoclips, actuacións na rúa e con Myself UK bailou en Breaking Convention 2016, Move It 2016, Dancer’s Delight e The Olivier Awards opening ceremony entre outros. Ao mesmo tempo Julia estivo impartindo clases e workshops a nenos, adolescentes e adultos en diferentes escolas en Londres. Partirá outra vez a Londres a completar a súa formación a primeiros de 2017.

Mais info nos tlf 881 96 17 90 / 981 13 15 45. info@prestovivace.es    www.prestovivace.es

 

Anterior
Anterior

FIESTA INFANTIL DE BAILE, Sábado 12 de 17.00 a 18.30h en Live The Music School by Presto Vivace (planta 1) Marineda City.

Siguiente
Siguiente

EN HALLOWEEN CLASES DE MUSICA, Lunes 31 y Martes 1 de Noviembre en Live The Music School by Presto Vivace (planta 1) Marineda City.