IVÁN DOVAL MÉNDEZ
Nacido en A Coruña en 1973, Titulado Superior en Composición no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde obtivo no concerto fin de carreira a calificación de sobresaliente coa Sinfonía programática "Murmurios do Bosque" que é a orixe do ballet que leva ó mesmo nome, e que foi interpretada pola orquestra sinfónica do Conservatorio Superior e dirixida por Roxelio Groba Otero. Formado entre o Conservatorio Superior de A Coruña, onde obtivo o Titulo Superior de Composición, e o Real Conservatorio Superior de Musica de Madrid, onde tivo como profesor titor ao compositor Manuel Seco de Arpe e onde recibiu clases doutros compositores e mestres como Zulema de la Cruz, Maite Berrueta ou Alejandro Román .
Obtivo dous anos consecutivos una beca “AIE de formación o ampliación de estudios musicales” para complementar os seus estudos clásicos con estudos de musica moderna e jazz que realizou en Estudio Escola de Música de Santiago de Compostela, onde recibiu clases de guitarra con Alberto Penoucos, Telmo Fernandez e Isaac Garabatos e onde asistiu a Master-Clases de mestres como Rick Peckham, Jens Winter ou Quique Azambuya, Compositor, arreglista e intérprete de guitarra, compuxo obras orquestales, de cámara, así como para piano e guitarra solista algunhas delas estrenadas tanto no Conservatorio Superior de A Coruña como no RCSM de Madrid.
Como guitarrista de jazz e música moderna, colaborou con músicos da escea galega e da escea nacional, como Salvador Niebla, Pablo Bicho, Simón Garcia, Julio Andrade, Alfredo Alvarez, Quique Alvarado, Miguel Queixas, Julio Cuns, David Bellas, Daniel Batán ouTony Gonzalez.
Na actualidade é Xefe do departamento de Composición e mestre de Armonía, e Análise musical no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo (A Coruña) onde dirixe a Big Band do centro, actividade que compaxina coa de Xefe de Estudos e coordinador do Programa Profesional de Música Moderna na escola de música Presto Vivace de A Coruña.